Diversa é un centro para á axuda ás persoas e a busca de solucións en calquera tipo de problemática psicolóxica, vital, emocional, de relación e/ou social e laboral. Levamos facendo psicoterapia dende fai máis de 20 anos.

Partimos da idea e a crenza de que sempre se poden atopar camiños para mellorar as situacións persoais e da existencia de solucións aos avatares que nos aflixen.

Traballamos sobre teorías e prácticas de solución, sen etiquetar ás persoas, e sempre en función do que nos demanden.

A nosa pregunta fundamental é ¿a onde queres ir? E respetando e acollendo as crenzas e valores de cada persona.

Somos críticos coa etiquetaxe e o diagnóstico psicopatolóxico clásico, non só por convicción, senón porque nin se sosteñen científicamente (hai outras formas que poden explicar o que nos pasa) nin cremos que serven como punto de partida para un maior benestar, amais de culpabilizar ao ser, desligándoo do seu contexto socioeconómico e relacional.

Pensamos que os diagnósticos falan mais de quen diagnostica que do diagnosticado.

Se quere mais información sobre este tema sesudo, pode consultar as críticas ao DSM-V, feitas pola propia comunidade científica, ou ler libros como “La Invención de los Trastornos Mentales”, ou investigar no concepto de normalidade que subxace nos experimentos de Rosenhad, ou nas elaboracións de Watlawick, entre outros moitos e moitas. Estamos encantados de compartir lecturas e debates se lle apetece profundizar.

Non estamos dacordo tampouco coa etiquetaxe obrigada de “Psicólogo sanitario” ou Psicoloxía sanitaria” en tanto que sibilinamente posicionan ás persoas coma enfermos, ou con problemas de saude, no canto de posicionarmos como simplemente persoas, que polo simple feito de vivir e estar inmersos en diferentes contextos legais, económicos, sociais, temos que abordar dilemas e padecer as súas consecuencias. ¿e quen non?.

Neste sentido, negámonos a ser, Psicólogos sanitarios.
Non exercemos a psicoloxía sanitaria. Nin o consideraremos a vostede enfermo, nin por suposto consideramos que nos curemos algo.

Polo tanto, se vostede busca un Diagnóstico Psicopatolóxico, na contra de buscar solucións ao que está experimentando, por favor, non acuda a nós. Non sabemos nin queremos facer ese tipo de cousas.

Se vostede, ainda que teña un diagnóstico psicopatolóxico, quere centrarse en buscar un xeito mellor de estar no mundo, quizais poidamos axudala/o.

Tomamos notas para saber por onde andamos, pero nin facemos nin custodiamos “historias clínicas”. As historias clínicas son meras historias que Señores e Señoras fan sobre nós en función das súas propias historias.

¿apetecéche que te interpreten? ¿ e que esas interpretacións, comentarios, cuchicheos, vivan fóra da túa intimidade e teñan valor legal?. ¿e non se podan borrar?.

O normal é ser diferente, e ser diferente é o normal.

Algunhas frases que poden resumir en parte a nosa forma de traballar son

• Aquí non hai trampa nin cartón.
• Ás veces o problema é o intento de solución.
• Non pensar as cousas, permitir que as cousas te pensen.
• A excepción é a regla.
• O significado é un significante.
• Desfacemos palabras para camiñar cos pés.
• O mapa non é o territorio.
• O cerebro está na pedra, e no abrazo, na amizade, no amor, e en todo aquilo que reside na parte mais alonxada da túa fronte.

Quizais as persoas somos un relato de ciencia ficción, un conto entre os moitos posibles. Ao mellor o noso padecemento non está en nós, senón na mala elección. Cachis!! podía ser un tipo tipa fenomenal e elexín o conto do burrancán.

• Contra as medidas e reglas de comparación, o incomparable.
• I am beautiful.
• Dime con quen andas e me dirás con quen andas.
• Son un mamífero, teño un corpo.
• Hai pensamento alén da linguaxe.
• Non temos botes de optimismo, pero damos botes.
• Gustamos da análise das fontes de poder e dos procesos de obxetivacion de Faucault, por exemplo.

Ás veces mais importante que saber si unha cousa é verdade ou non verdade é saber para que serve, ou se nos leva a onde queremos ir.

GUSTAMOS dos refráns porque para cada refrán sobre algo hai outro que di o contrario. Os refráns saben que ainda que aparentes, non hai dúas situacións iguais, nin dúas personas iguais e que o que lle sirve a alguén non lle sirve a outro/a. Somos supermodernos e supertradicionais. Gostamos do cocido, si, e do peixe caramelizado con trazas de confitura carbonizada.

NON GUSTAMOS:
Nunca damos consellos, facemos preguntas e propoñemos investigacións. Unha das frases que mais odiamos é: A FELICIDADE TENE 5 PASOS, OU 10 OU 15... Por favor...a felicidade non é unHa escaleira!!

Non nos gusta que nos quiten cousas coa excusa de que son malísimas, cando poden ser irrelevantes. Gustamos mais do estudio personalizado e a estadística personal. Segue a tomar café 20 días e averigua se “a causa da ansiedae é o café”. As veces con estas estadísticas descubrimos que o que provoca ansiedade é recordar que un non pode tomar café, que está malito.